15 de octubre "Día Internacional das Mulleres Rurais"
Unha ocasión para recoñecer e poñer en valor a contribución das mulleres no mundo do rural.
Reafirmamos o noso compromiso coa promoción da igualdade e o recoñecemento do seu papel fundamental na xestión dos recursos naturais, o fortalecemento das economías locais e a preservación do medio ambiente.
Con estes motivos, dende a FEMP elaborouse unha Declaración Institucional á que Vedra se suma, recoñecendo que o empoderamento da muller no ámbito rural non é só unha cuestión de xustiza social e equidade, senón que tamén é un requisito indispensable para o desenvolvemento sostible.