25N 2024 EN VEDRA

 CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DAS VIOLENCIAS MACHISTAS O 25 DE NOVEMBRO

En relación a esta conmemoración compartimos:

- As Declaracións institucionais da FEMP e da FEGAMP.

* A Programación Municipal de Vedra:

•          CAMPAÑA PUNTO LILA NA MIÑA XANELA.

Dende o día 18 de novembro poderás recoller nos servizos sociais municipais o material para o teu punto lila  para poñer na túa xanela. Sácalle unha foto a túa xanela e  mándala por WatsApp ao 699 041 486   Todas  as Xanelas  do Concello con  un punto Lila.Poderalo solicitar en distintos puntos de recollida:  no Concello, Centros Educativos, Centro de Saúde, Supermercados, comercios, Ludoteca...

Trátase de visibilizar  que dende o noso concello , as nosas casas, os nosos centros de traballo, as nosas empresas, nos significamos en contra das violencias machistas!

Queremos que nos envíes a foto da túa xanela!!.

•          ATRAVESEMOS A PORTA VIOLETA PHOTOCALL 

Estará instalada a partires do día 18 de novembro  a nosa  porta violeta a xeito de photocall  para que as persoas que queiran  atravesala violencia  participen desta iniciativa en distintos puntos  do Concello para que sexa visible  xunto  poderás expresar ¿Que podes facer tí para que non exista  nunca máis Violencia de Xénero?  Podes pegar o teu posit na porta violeta. Estará instalada na semana do 18 de novembro ata finais de mes   novembro en distintos lugares públicos do Concello. Non perdas a oportunidade de atrevesar a porta violeta!

•          NIN un BIQUIÑO A FORZA!!!

Data: 22 de novembro en horario de tarde.

Unha sesión de contacontos con perspectiva de xénero para a cativada da Ludoteca Municipal.

•          “GOLPES”

Data: 24 de novembro ás 19.00 horas, na Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla ata completar aforo.

Unha  representación teatral de concienciación coa seguinte sinopse: Trátase dun espectáculo directo, cercano, que xoga co impacto directo da posta en escena, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no “savoir faire” da actriz, quen incorpora múltiples personaxes diante dos nosos ollos.

Ao rematar a obra terá lugar o  ACTO INSTITUCIONAL de repulsa coa violencia machista coa lectura da Declaración da FEMP con motivo do Día Inernacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

 •  OBRADOIRO  DE EDUCACIÓN PARENTAL  AFECTIVO-SEXUAL PARA PERSOAS ADULTAS CON MENORES A CARGO.

Data: 27 de novembro ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal.

Dirixido ao público adulto, coa intención de afondar nas habilidades parentais, respecto a esta cuestión .

A acción será impartida por dous médicos e sexólogos con ampla experiencia na abordaxe da educación afectivo sexual a menores.