- Read more about DECEMBRO 2018
- Log in to post comments
DECEMBRO 2018
REUNIÓN COA NOVA CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN CARMEN POMAR
Carlos Martinez Carrillo, visitou ao seu despacho de San Caetano á nova conselleira de Educación dona Carmen Pomar Tojo.
Coa finalidade de actualizar coa nova conselleira os asuntos relacionados cos tres centros escolares do termo municipal: O CPI de Vedra, o CEIP Ortigueira e o CRA Boqueixón- Vedra, mantivose esta xuntanza de traballo entre ambos.
AXUDA DO FEDER PARA A MELLORA DA EIM DE VEDRA
A Consellería de Política Social concede ao Concello de Vedra unha axuda para o investimento na mellora das infraestructuras e do equipamento da Escola Infantil de Vedra, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, cun importe de 19.209,96 €, coa seguinte desegregaci
VEDRA COA CAMPAÑA ECOLUCIONA DA FEGAMP
O Concello de Vedra comparte a campaña ECOLUCIONA da man da Fegamp e en colaboración co Laboratorio de Ideas sobre Residuos, con motivo da Semana Europea de Prevención de Residuos.
Trátase dunha acción que presenta 10 videos que se enfocan á redución de residuos na vida diaria.