O Concello de Vedra vén de instalar unha caldeira de biomasa no pavillón municipal de Vedra, con cargo ao programa de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, convocado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) cun orzamento de 23.508 € ( IVE non incluído) subvencionado nun 80 % (22.755,74 €)