Área de Santiago, da que forma parte o concello de Vedra, publica a Guía da pesca 2016: http://www.areasantiago.es/files/2016/03/guiapesca2016galego.pdf
É unha guía informativa sobre a pesca fluvial en clave turística, na que se recollen aspectos de interese para este tipo de turista pescador, como trámites e permisos, modalidades de pesca, especies, zonas de pesca recomendadas e informacións prácticas, aloxamentos adheridos ao proxecto e outras informacións complementarias
Trátase da segunda edición dunha guía que se actualiza anualmente coincidindo co inicio da tempada de pesca e que está dispoñible en tres idiomas (galego, español e inglés).
http://www.areasantiago.es/descargas-mcs/guia-de-pesca-fluvial-rea-santiago-2016