Santiago, 6 de agosto de 2015.- O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, José Antonio Cerdeira, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, asinaron esta mañá o convenio de adhesión á Axencia Galega de Protección da Legalidade (APLU) por parte deste concello coruñés, polo que, a partir de agora, este municipio delega neste organismo as súas competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística respecto das obras e usos do solo que se realicen en solo rústico, en solo urbanizable mentres non sexa aprobado o correspondente plan parcial ou de sectorización, así como no ámbito dos núcleos rurais delimitados.