Unha oliveira do Pazo de Ortigueira da Santa Cruz de Ribadulla, gaña o Premio AEMO 2015 ao Mellor Oliveira Monumental de España.
Foi concedido a un exemplar integrado neste maxestoso conxunto de oliveiras cuxo arboredo debuxa unha singular retícula de árbores centenarias que vexetan desde o século XVI e que foron recoñecidas pola Xunta como formacións senlleiras de Galicia.