PROGRAMA CORRESPONSABLES CONXUGA – MODALIDADE LUDOVERÁN 2024 (do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2024)
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 1 ao 31 de maio, ambos incluídos.
DOCUMENTACIÓN:
Solicitude de participación no programa. Este documento está a disposición das persoas interesadas nesta sección da páxina web do Concello, na sede electrónica e/ou nas dependencias municipais.
No caso de que o/a menor estivera xa inscrito no programa corresponsables CONXUGA no curso escolar 2023/2024 NON será necesario presentar documentación xunto coa solicitude, agás variación de circunstancias persoais, laborais ou sociais. Neste caso deberá marcarse a opción “RENOVACIÓN” que aparece na solicitude.
Para as novas inscricións, as solicitudes deberán acompañarse dos seguintes documentos:
- Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do menor do Rexistro civil.
- Informe da vida laboral actualizado.
- Declaración de IRPF do último exercicio fiscal ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala. A declaración de IRPF que se terá en conta para a ludoverán será a correspondente ao exercicio fiscal de 2022. A declaración ou o certificado de imputacións pódese descargar dende a páxina web da Axencia tributaria PREMENDO AQUÍ
- Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
- Título de familia numerosa, no seu caso.
- Certificado de monoparentalidade, no seu caso.
- Certificado situación de dependencia de grao II ou III de algún membro da unidade familiar, no seu caso.
LUGARES DE PRESENTACIÓN:
- Telematicamente a través da Sede Electrónica do Concello de Vedra
As solicitudes presentadas por esta canle deberán estar acompañadas da solicitude de participación do programa corresponsables que se pode descargar dende a opción de “Documentación” ou que está á disposición na páxina web do Concello.
- Presencialmente, no Rexistro Xeral do Concello de Vedra, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
INFORMACIÓN:
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do servizo do programa municipal de conciliación CONXUGA do Concello de Vedra (núm. 22) e a súa modificación (BOP A Coruña núm. 156, do 21.09.2020 e núm. 157, do 19.08.2022)
- Ordenanza inicial: PREMENDO AQUÍ
- Modificación (ACTUALIZADA): PREMENDO AQUÍ
- Servizos sociais comunitarios: 981 81 46 93 ou 699 041 486