Programación arredor da Conmemoración do 17 de maio en Vedra ...
1 *A MAXIA DE EUROPA CON PEDRO BUGARÍN.
- O xoves 9 de maio ás 18 horas na Biblioteca de Vedra. Un espectáculo que chega da man do proxecto da Deputación da Coruña "Europa no teu Concello"
2 * ENCONTROS CO ESCRITOR VEDRÉS DE LITERATURA INFANTIL: RAMÓN BLANCO, AUTOR DOS CONTOS PEGASIÑO E CAUCHO
- Do 6 ao 16 de maio nos centros escolares de Vedra
3 * FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
- Domingo 19 de maio ás 19 horas no Centro Sociocultural de Vedra.
Programa de actuacións:
- Coral Polifónica de Santiso
- Coro "O Nososon"
- Coral da Terceira Idade de Vedra
4 * EXCURSIÓN AO FESTIVAL LATEXOS DO RURAL EN RIÓS.
- Domingo 19 de maio.
- Saída ás 9 horas de Vedra
- Ás 12 horas Vedra participa do acto inaugural deste festival coa plantación simbólica da nosa "Camelia"
- Prezo: 20 € por persoa (inclúe transporte e xantar)
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROGRAMACIÓN "AS NOSAS LETRAS" DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO
A Asociación Cultural San Campio organiza cada ano ao redor desta data a programación cultural do seu "Serán das Letras"
Nesta sección podes atopar as bases do se Concurso Serán das Letras e o cartel coa programación completa