CAMPAÑA DE FRONTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Dende o Concello de Vedra compartimos información sobre a Campaña DE FRONTE, impulsada dende a  área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e que este ano pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno

Durante este mes están previstas as seguintes accións:

  • Realización de 14 obradoiros nos que se abordarán conceptos chave arredor das violencias machistas en contextos de lecer e ocio nocturno dos que sairán varias micro pezas dixitais en formato stop motion que iremos colgando  na web.
  • Acto institucional na mañá do venres 24 de novembro no Pazo Provincial da Coruña coa intervención do dúo Caamaño e Ameixeiras.
  • Creación de pílulas dixitais a pé de rúa con testemuños de situacións reais de agresións sexuais no contexto de ocio nocturno ou festa.

A programación da campaña complétase con toda a información e propostas que podedes consultar na web defronte.gal, onde atoparedes recursos como vídeos ou guías de actividades para traballar conceptos básicos arredor da violencia de xénero con distintos colectivos, así como a posibilidade de descargar a imaxe gráfica da campaña en distintos formatos.

Para +info podes contactarnos en info@defronte.gal ou no tfno. 646 908 177