CAMPAÑA DE ESTERILIZACIÓN E MICROCHIPEADO DE CANS E GATOS

O Concello en colaboración coa Asociación Protectora de Animais do Camiño (APACA) oresenta a "Campaña de esterilización e microchipeado de cans e gatos".

Esta campaña busca evitar o abandono de camadas indesexadas, o extravío de animais e sobretodo concienciar á cidadanía sobre a importancia de ter os nosos animais de compañía identificados e evitar a súa reprodución incontrolada, para deste xeito evitar tamén as sancións económicas que pode conlevar o incumprimento destas obrigas.

Poderán beneficiarse desta campaña todas as persoas propietarias empadroadas en Vedra, cuns prezos moi económicos e incluso de xeito gratuito en situacións de vulnerabilidade económica, nos vindeiros días remitirase a cada casa do concello información da campaña.

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro 20 de setembro e permanecerá aberto ata o 15 de outubro.

Bótalle un ollo á información nesta sección.

Para máis información: 981814612 ou 881074404, ou no correo electrónico: vanessa.crespo@concellodevedra.gal