VEDRA ... CON UCRAINA

XESTIÓN  DOS RECURSOS DA AXUDA HUMANITARIA UCRAÍNA

Damos traslado das últimas indicacións recibidas dende  a FEGAMP, a Xunta de Galicia e o Goberno Central.

Cos que Vedra traballa coordinadamente para a xestión dos recursos que se poñen a disposición para a atención da crise humanitaria do pobo ucraíno:

1. A prioridade máxima é coñecer os recursos habitacionais cos que se conta nas entidades Locais galegas.

Para iso só tes que poñerte en contacto con nós neste mesmo teléfono ou no enderezo alcaldia@concellodevedra.gal e seguiremos paso a paso as indicacións dos organismos competentes.

2. A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONG e organismos internacionais despregados no terreo:

·  Comunicado da Coordinadora española de ONGD   

·  Chamamento da Federación Internacional da Cruz Vermella e da Media Lua Vermella e do  Comité Internacional da Cruz Vermella

·  OCHA (Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios de las Naciones Unidas)  a través do Fondo Humanitario para Ucrania

·  ACNUR (Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados)     

3. Debido á imposiblidade de asegurar unha correcta distribución do material humanitario que se está a recoller nas entidades Locais, aconséllase reservalo para ser distribuído entre a poboación ucraína que se acolla na nosa Comunidade, en tanto non se reciban outras indicacións.

Nota: A información irá actualizandose  coa evolución da situación.