Infórmase a toda a veciñanza de que UNION FENOSA DISTRIBUCIÓN, SA comunicou que, en cumprimento da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia,
realizará en vindeiras datas os traballo de xestión da biomasa na franxa de 5 metros respecto das súas liñas de tensión.
Se vostede é titular dalgunha parcela nunha franxa de 5 metros dende a proxección dos condutores eléctricos dispón dun prazo de 15 días para xestionar a biomasa e cortar as árbores das
especies indicadas na Disposición adicional III da Lei 3/2007 (piñeiro, eucalipto, mimosa, etc).
Transcorrido o dito prazo será Unión Fenosa Distribución quen proceda á súa realización nas zonas indicadas no plano.