AS LETRAS GALEGAS ... EN VEDRA

 

Nestes 2021 as Letras Galegas levan nome de muller, con Xela Arias como protagonista.

En Vedra non  deixaremos de conmemorar esta importante data e para iso presentamos ...

... E TI, QUE TE CONTAS? BÓTALLE UN OLLO AOS RELATOS PRESENTADOS NO PDF DESTA SECCIÓN.

Unha campaña de sensibilización e posta en valor da nosa lingua.

Unha proposta moi sinxela na que simplemente tes que enviarnos o teu relato ( de non máis de 200 palabras) nas que lle escribas á nosa lingua.

Co que ti sintas, co que a ti che inspire, cos teus temores, coas túas inquedanzas,... Todos eles serán publicados a través dos medios de difusión municipais e entre eles sortearemos diferentes VALES para gastar no comercio local.

... MÚSICA ÁS LETRAS, COA BANDA DE MÚSICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA 

CAMBIO DE DATA: PARA O DOMINGO 23 DE MAIO

LUGAR E HORA: Na Carballeira do Souto en San Fins de Sales ás 12:30 horas

Un concerto con música en galego en homenaxe ás nosas letras e a Xela Arias.

** A actividade cumprirá coa normativa preventiva en Covid-19

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

E tamén  asociacións de Vedra conmemoran as nosas letras:

... VI CONCURSO SERÁN DAS LETRAS COA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO

A Asociación Cultural San Campio propón unha nova edición do seu Concurso do Serán das Letras.

Bótalle un ollo ás súas bases e participa.