Política de privacidade
A presente Política de Privacidade foi desenvolta tendo en conta o disposto polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos).
Esta Política de Privacidade ten por obxecto poñer en coñecemento dos titulares dos datos persoais, respecto dos cales se está solicitando información, os aspectos específicos relativos ao tratamento dos seus datos, entre outras cousas, ás finalidades dos tratamentos, aos datos de contacto para exercer os dereitos que lle asisten, aos prazos de conservación da información e ás medidas de seguridade entre outras cousas.
Esta política será aplicable tanto á información recollida directamente a través dos diferentes servizos do Concello de Vedra, como a través da súa páxina web https://www.concellodevedra.es/ e a súa sede electrónica https://sede.vedra.es/opencms/gl/
Responsable do tratamentos
O Concello de Vedra é o responsable de tratamento de todas as actividades de tratamento, cuxos datos de contacto son:
Enderezo Postal: Avenida Mestre Manuel Lorenzo, nº1, 15885 – Vedra (A Coruña).
E-mail: correo@concellodevedra.gal
Teléfono: 981 814 612
Delegado de Protección de Datos
A persoa designada para exercer as funcións de Delegado de Protección de Datos é Don Ramón Santos Pérez, cuxos datos de contacto son:
C/ Carcasía, nº38, 15200 – Noia (A Coruña)
E-mail: correo@concellodevedra.gal
Teléfono: 981 814 612
Certificado nº: ISMS 2020 20 0064
Tratamento de Datos
Os datos de carácter persoal que se puidesen solicitar directamente do interesado serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade do Concello de Vedra.
A relación de actividades de tratamento realizadas polo Concello de Vedra atópase reflectida no Rexistro de Actividades de tratamento.
Os datos de carácter persoal que se soliciten, no seu caso, consistirán unicamente naqueles estritamente imprescindibles para identificar e atender a solicitude realizada polo titular dos mesmos. Dita información será tratada de forma leal, lícita e transparente en relación co interesado. Os datos persoais serán recollidos para finalidades determinadas explícitas e lexítimas, non sendo tratados ulteriormente de maneira con incompatible cos devanditos fins.
Os datos recollidos de cada interesado serán adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que serán tratados. Os datos serán exactos e, se fose necesario, actualizados, e adoptaranse todas as medidas razoables para que se supriman ou rectifiquen sen dilación os datos persoais que sexan inexactos con respecto aos fins para os que se traten.
Tanto o Concello de Vedra, como quen interveña en calquera fase do tratamento, están sometidos ao máis estrito segredo profesional, cun especial compromiso de adoptar os niveis de protección e as medidas necesarias, tanto técnicas como organizativas, para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal.
Finalidade do Tratamento
A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza o Concello de Vedra e están accesibles no rexistro de actividades de tratamento.
As finalidades explícitas para as cales se levan a cabo cada un dos tratamentos veñen recollidas nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de captura de datos (formularios web, formularios en papel, carteis e notas informativas).
Lexitimación
O tratamento dos seus datos persoais por parte do Concello de Vedra realízase para o cumprimento dunha obrigación legal, para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou ben mediante o consentimento do interesado, ao amparo do disposto no artigo 6 do Regulamento Xeral de Protección de Datos.
En caso de ser necesario o consentimento do interesado para o tratamento de datos, este será solicitado de forma explícita, precisa e inequívoca, mediante unha clara acción informativa, tendo dereito o interesado a retirar o seu consentimento en calquera momento. A retirada do consentimento non afectará á licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.
En calquera caso, no momento en que se soliciten os datos, o interesado será informado da actividade de tratamento para a cal se recollen os seus datos, mediante unha información básica e resumida, na cal se inclúe unha remisión á información adicional onde se presentará detalladamente o resto de información.
O Rexistro de actividades de tratamento, así como a información adicional de cada tratamento concreto, recolle a base legal aplicable a cada un deles.
Conservación de datos
Os datos persoais serán conservados durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento correspondente, salvo que deban conservarse con fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos, e ata que se cumpra o prazo de prescrición de posibles responsabilidades nadas do tratamento.
Comunicación de datos
O Concello de Vedra non comunicará os datos persoais a terceiros, salvo obriga legal.
Os destinatarios de comunicacións de datos poden ser consultados no Rexistro de Actividades de Tratamento.
Deber de información
No momento no que se soliciten os datos, o interesado será informado da actividade de tratamento para a cal se recollen os seus datos así como das condicións do mesmo, comunicándoselle a información de responsable e no seu caso corresponsable, delegado de protección de datos, finalidade do tratamento, base de lexitimación, destinatarios dos datos, existencia de transferencias internacionais, prazo de conservación ou criterios utilizados para determinar o devandito prazo, dereitos dos interesados e forma de exercelos; e no caso no que os datos non se obtivesen do interesado, informaráselle das categorías dos datos recompilados e procedencia dos mesmos.
O rexistro de actividades de tratamento, así como a información adicional de cada tratamento concreto, recolle toda a información contemplada no deber de información, e pode consultarse na Web do Concello de Vedra: https://www.concellodevedra.es/proteccion-de-datos.
Dereitos dos Interesados
Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan.
Os dereitos que poden ser exercidos polos interesados, así como a forma de exercelos, detállase na información adicional de protección de datos de cada un dos tratamentos que correspondan.
Pode exercer os seus dereitos mediante escrito dirixido ao Concello de Vedra e deberán presentalo mediante rexistro de entrada:
-
Presencialmente, en calquera das oficinas de rexistro do Concello de Vedra. Á solicitude deberá acompañar fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte ou outro documento válido que o identifique.
-
Mediante rexistro telemático, na sede electrónica do Concello de Vedra. Deberá contar para iso con certificado dixital ou PIN 24 horas.
-
En calquera dos lugares descritos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Á solicitude deberá acompañar fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte ou outro documento válido que o identifique.
O dereito para reclamar ante a Autoridade de Control exercerase ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).
Medidas de seguridade
O Concello de Vedra, como responsable de tratamentos de datos de carácter persoal, adoptará as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal que eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
As medidas de seguridade adoptadas polo Concello de Vedra son aquelas requiridas de conformidade co establecido no artigo 32 do Regulamento Xeral de Protección de Datos. O Concello de Vedra, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade adecuado ao risco existente.
O Concello de Vedra ten implementados os mecanismos suficientes para:
-
Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.
-
Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida, en caso de incidente físico ou técnico.
-
Verificar, avaliar e valorar, de forma regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.
-
Seudonimizar e cifrar os datos persoais, no seu caso.
Cando resultan de aplicación, as medidas de seguridade implantadas corresponden ás aplicadas de acordo ao Anexo II (Medidas de Seguridade) do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica.