CURSOS DE ACTIVIDADES PARA O TEMPO LIBRE

CURSO DE MONITORADO DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2020-21

INSCRÍBETE

Os concellos de Vedra e Boqueixón realizarán un curso de Monitorado de actividades de Tempo Libre dende decembro de 2020 a maio de 2021. A continuación indícanse as características do mesmo

Requisitos

  • Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
  • Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:

         Decembro: 23 presencial,  28, 29, 30 en liña

         Febreiro: 6, 7, 15, 16, 17 en liña

        Marzo: 6, 7, 19, 20, 21, 27, 28, 29, 30, 31 presencial

        Abril: 10 presencial

O curso desenvolverase de forma dual: con parte presencial e parte en liña

Horarios:

  • As sesións presenciais serán de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
  • As sesións en liña impartiranse cos seguintes criterios:
    • Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
    • Traballos e tarefas na aula virtual

Equipo necesario para as sesións online:

Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

Matrícula:

Para realizar a inscrición no curso xa está dispoñible o FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Tamén é posible realizar a inscrición nos Departamentos de Cultura e Xuventude de Vedra ou Boqueixón

Prazas limitadas

Prezo:

150€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

O pagamento realizarase unha vez feita a inscrición

O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Imparte: Escola de Tempo Libre Aloumiña

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Respetaremos todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para que o curso sexa completamente seguro. 

*Lembra que terán prioridade as persoas empadroadas nos concellos de Vedra e Boqueixón

 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

CURSO DE DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2020-2021

 INSCRÍBETE

Os concellos de Vedra e Boqueixón realizarán un curso de Director/a de actividades de Tempo Libre dende decembro de 2020 a maio de 2021. A continuación indícanse as características do mesmo:

Requisitos

Estar en posesión do título de monitor/a de actividades de tempo libre.

Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, coma mínimo, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.

Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.

Datas da parte teórica:

Decembro: 23 presencial, 28, 29, 30 en liña

Febreiro: 15,16, 17 en liña

Marzo: 19, 20, 27,28,29,30,31 presencial

Abril: 10 presencial

O curso desenvolverase de forma dual: con parte presencial e parte en liña

Horarios:

  • As sesións presenciais serán en horario de de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
  • As sesións en liña impartiranse cos seguintes criterios:
    • Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00
    • Traballos e tarefas na aula virtual

Equipo necesario para as sesións en liña:

Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais

Matrícula:

Para realizar a inscrición no curso xa está dispoñible o FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN  

Tamén é posible realizar a inscrición nos Departamentos de Cultura e Xuventude de Vedra ou Boqueixón

Prazas limitadas

Prezo:

150€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

O pagamento realizarase unha vez feita a inscrición.

O curso consta de 150 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Imparte: Escola de Tempo Libre Don Bosco

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.

Respetaranse todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para que o curso sexa completamente seguro. 

*Lembra que terán prioridade as persoas empadroadas nos concellos de Vedra e Boqueixón