O Concello de Vedra resultou gañador na III edición do Premio provincial á mellor iniciativa empresarial (PEL-EPR PREMIO) dentro do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña (2016-2019), cunha distinción ao concello promotor de emprego de calidade.
Trátase dun galardón para concellos da provincia, con menos de 20.000 habitantes, que impulsen a iniciativa empresarial e o emprendemento, promovan a xeración de emprego de calidade e contribúan á fixación da poboación.
Valorouse a xeración de emprego, a inclusión de colectivos en risco de exclusión social, o fomento do traballo colaborativo e a poboación do municipio, entre outros.
O premio consistiu nunha distinción e a entrega de 15000 €, polo proxecto presentado. Vedra participou nesta edición co proxecto "Somos Vedra" que incluía as seguintes accións:
- O Centro Coworking de Vedra ubicado en Santa Cruz de Ribadulla (xestionado polo concello), como espazo de traballo colaborativo
- Como iniciativas de fomento do emprendemento postas en marcha polo concello nos últimos 4 anos...
1) Apoio e fomento das ILE's/IER (INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO/INICIATIVAS DE EMPREGO RURAL) a través de información, tramitación do expediente, acompañamento durante a constitución da empresa, cesión de espazos/locais,... a fin de que os proxectos cheguen a bo fin e teñan as maiores opcións de éxito posibles.
2) Apoio e divulgación de proxectos de emprendemento a través do evento “PRÓXIMA ESTACIÓN”, consistente nunha exposición non permanente no entorno da antiga Estación do Ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla, na que se presentaron en sociedade aqueles proxectos e empresas de nova creación tanto de emprendedores/as noveis como de empresarios/as con novos proxectos ou diversificación dos existentes.
3) Apoio e divulgación da actividade emprendedora a través do evento “FEIRAVEDRA”, mostra anual que coincide coa Festa do Viño da Ulla, na que se ensalzan os productos e servizos do termo municipal que teñen relación directa ou indirecta coa actividade turística, gastronómica e hoteleira.
4) Apoio e divulgación de emprendedores/as a través do programa “COLECTIVO 15885”. Proxecto que se puxo en marcha como referente na zona do apoio ao emprendemento, a través de xornadas informativas e formativas, talleres de traballo, asesoramento para mozos e mozas con ideas innovadoras, que tamén lles permitía poñerse en contacto entre eles para acadar un proxecto conxunto.
5) Accións de formación, información e acompañamento de emprendedores/as e promotores/as a través do programa “VIVES EMPRENDE”. Proxecto destinado fundamentalmente aos colectivos con maior índice de desemprego, a través do cal se buscaba a formación e asesoramento dos colectivos de mozos e mozas de menos de 30 anos, parados de longa duración, mulleres, maiores de 45 anos, etc.
6) Entidade promotora no programa “ERASMUS + YOUTHNEST. CREA. INCUBADORA TRANSNACIONAL PARA O EMPRENDEMENTO CREATIVO NO RURAL”. Proxecto europeo do cal o concello de Vedra e promotor, para a valorización do emprendemento no rural.
7) Viveiro de empresas dixital no rural “E-comerce”.
8) Acondicionamento e xestión de antiga vivenda e escola de primaria para convertila nun “OBRADOR DE PRODUCTOS ELABORADOS” para emprendedores/as-promotores/as do rural, que lles permita non só obter os productos da terra, senón transformalos e envasalos para a súa conservación e venta nun futuro.
9) Accións formativas dirixidas a xóvenes emprededores/as e promotores, de diversa índole que abranguen todos os sectores de actividade con máis oferta de emprego da contorna, así como aquela formación que lles permita emprender un negocio sólido e de futuro.
- Plans de igualdade aprobados polo concello e medidas implantadas de promoción da muller nos últimos 4 anos
1) II Plan de Igualdade de oportunidades, dereitos e deberes de mulleres e homes do Concello de Vedra
2) Programa de Conciliación-Conxuga.
3) Programa de prevención da violencia de xénero e igualdade no ambito educativo.
4) Inclusión de criterios de igualdade nos pregos de prescripcións técnicas.
5) Adhesión ao CIM de Boqueixón.
6) Asistencia técnica a empresas para elaboracións de plans igualdade.
- Accións formativas implantadas e proxectos desenvolvidos dirixidos a persoas en risco de exclusión social nos últimos 4 anos
1) Proxecto “SMARTPHEMINIZATE”. Formación no uso de móvil para mulleres en risco de exclusións social.
2) Programa “RISGA” contratación de persoas en risco de exclusión social.
3) Programa “APROL RURAL” fomento da contratación de persoas en risco de exclusión social.
4) Obradoiros de Emprego conxuntos con Boqueixón para fomento da contratación de persoas en risco de exlusión social.