Problemas co TDT

En relación co despregamento de novas antenas de 4G no Concello de Vedra que podían interferir no servizo de recepción da TDT, dende o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a plataforma Llega 800, comunícannos que o prazo límite para solicitar as accións gratuítas do servizo técnico finalizará o 31 de outubro.

Para calquera aclaración poden contactar con este Concello no 981.814.612 ou no teléfono de Llega800: 900.833.999, onde tamén poderán solicitar as visitas técnicas.

Imaxe: