Aviso Sobre Praga que Afecta Aos Citricos

Segundo se recolle na Resolución do 1 de xuño de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño, o concello de Vedra é un dos afectados pola praga que afecta aos cítricos e a outras especies ornamentais. Posto que se trata dunha praga moi perigosa e que resulta totalmente letal para as plantas afectadas, a Consellería do Medio rural establece a prohibición de movemento de todas as especies sensibles dentro das zonas afectadas e a comercialización de froitos de cítricos con follas ou pedúnculos que procedan das citadas zonas (se só se trata do fruto sen folla ou tallo sí poden ser comercializados).

Esta prohibición non só afecta aos viveiros, senón tamén a outros establecementos de venda de subministracións agrícolas, e demais lugares onde se poidan comercializar cítricos, como as feiras.

O incumprimento desta prohibición poderá ser considerada infracción grave.

Para máis información poden contactar co 012.