Novas Sobre o Despregamento do 4G e Problemas coa TDT

Durante meses informamos do despregamento de novas antenas de 4G no Concello de Vedra que podían interferir no servizo de recepción da TDT, para solucionar estes problemas o Ministerio de Industria, Enerxia e Turismo puxo a disposición das persoas afectadas un servizo de asistencia técnica a domicilio. Dende este organismo e do servizo Llega800, encargado da xestión das avarías, comunicánnos que con data 31 de xullo finalizará o prazo para solicitar as accións gratuitas do servizo técnico posto que se supera o prazo de 6 meses dende o encendido das estacións.

A partir desa data as incidencias deberían ser por causa de avaría no domicilio particular ou por avarías nos repetidores, polo que xa non serán atendidas no Llega800.

Para calquera aclaración poden contactar con este Concello no 981814612 ou no teléfono de Llega800: 900833999.