Educación de Adultos

O concello de Vedra propón anualmente un curso de preparación para a obtención do título de graduación en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.

O obxectivo deste é propoñer as ferramentas necesarias para que as persoas usuarias deste servizo accedan preparadas e formadas ás ditas  probas, nun exercicio de asesoramento educativo.