Protección Civil

Teléfono: 629 66 16 85
061 (urxencias médicas)
112 (emerxencias)

Pódese dicir que Protección Civil é un servizo público que se orienta ao estudo e prevención das situacións de grave risco colectivo, catástrofe extraordinaria ou calamidade pública nas que poden estar en perigo, de xeito masivo, a vida e integridade física das persoas e a proxección e socorro destas, os seus bens e o medio ambiente, nos casos en que ditas situacións se produzan.
Protección Civil é un servizo público no que participan na súa organización, funcionamento e execución, as diferentes administracións públicas, así como os cidadáns, mediante o cumprimento dos correspondentes deberes e a prestación da súa colaboración voluntaria.
As administracións públicas ante unha situación de emerxencia, catástrofe ou calamidade pública, actúan coordinadamente e en función da territorialidade do suceso, dos medios humanos e materiais, e da capacidade para asumir as consecuencias socio-económicas, corresponderalle a dirección e coordinación da emerxencia a unha das administracións que interveñan.
O servizo público de protección civil é un sistema organizativo, xa que para lograr os seus obxectivos requírese a execución de tarefas de previsión, prevención, planificación, intervención e rehabilitación debidamente coordinadas, pero existindo soamente unha protección civil na que participan as diferentes administracións públicas.
En protección civil, as competencias son compartidas e concorrentes, aplicándose sempre os principios de solidariedade e subsidariedade ante calquera situación de emerxencia.

 

FUNCIÓNS DE PROTECCIÓN CIVIL

  • PREVISIÓN: Análise e estudo de riscos.
  • PREVENCIÓN: Adopción de medidas para evitar ou diminuír as situacións de risco.
  • PLANIFICACIÓN: Elaboración de plans.
  • INTERVENCIÓN: Actuacións para protexer ás persoas e aos seus bens, a través da intervención propiamente dita e a coordinación con outros entes públicos e privados.
  • REHABILITACIÓN: Medidas posteriores ao suceso, encamiñadas a rehabilitar os servizos públicos indispensables.

PROTECCIÓN CIVIL DE VEDRA

O servizo de protección civil de Vedra conta cunha persoa realizando tarefas de prevención e intervención durante todo o ano, e con persoas voluntarias que integran a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vedra, que participan en numerosos operativos e sen os cales non se poderían levar a cabo as accións de protección civil.
Dentro dos operativos que realiza o servizo de protección civil de Vedra, compre destacar aquelas que son comunicadas a través do servizo 112 GALICIA e aqueles que xorden no funcionamento do servizo no seu día a día.