XV Mostra de Teatro Amador de Vedra "Teatrofilia 2018"

Do 2  ao 24 de marzo… A XV Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia 2018 encherá o noso concello do mellor teatro amador feito en Galicia.

Ademais, este ano a Asociación Cultural Papaventos conmemora o seu 30º aniversario e para celebralo, Andaravía Teatro estrea o venres 16 de marzo o seu novo espectáculo: o musical “Moito barullo e poucas carolas”, unha adaptación da comedia de William Shakespeare.

E atención! O sábado 10 de marzo organizan tamén un obradoiro no que poderás crear e botar a voar o teu papaventos.