Hoxe 1 de setembro comeza este obradoiro de emprego no que se desenvolverán accións formativas teórico-prácticas dos certificados de profesionalidade das disciplinas de carpintería e xardinería.
Inauguración do Obradoiro de Emprego Vedra-Boqueixón 2016
Reunión co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
O pasado 12 de abril o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo unha reunión co alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo e co director do CEIP Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla, Jaime Furelos, coa finalidade de analizar un proxecto de mellora integral do CEIP Ortigueira elaborado pola propia comunidade educativa do centro.
Reunións co Alcalde
Dende a Alcaldía do concello de Vedra lánzanse 12 novas datas das xuntanzas que o alcalde quere manter cos veciños/as de Vedra nas que tratar asuntos de interese para todos para poder seguir mellorando o concello. Consulta aquí as datas.
Camiño inverno
O Concello de Vedra participou no Pazo de Liñares(Lalín) nunha reunión para a promoción e posta en valor do Camiño de Inverno, xunto con representantes dos concellos de Monforte, Chantada, O Barco de Valdeorras, Pobra de Brollón, Vilamartín, Silleda, A Estrada, ou Vedra, ademais de colectivos como a Asociación Galega do Camiño de Santiago, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, Fraternidad Internacional Camino de Santiago, Asociación Caballeros de Uber del Bierzo, Asociación Cultural Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra, Asociación de Amigos del